15.3.12

Iniciado período de consultas

Tal e como advertimos, malia as mentiras xa habituais doutros, as medidas propostas pola empresa eran un novo ERE. Hoxe é un día triste e duro para os traballadores e traballadoras de novagalicia banco, tal e como figura na acta da reunión estamos ante  "El inicio del periodo de consultas Expediente de despidos colectivos, modificación sustancial de condiciones, movilidad geográfica y suspensiones de contratos ncg banco, s.a."

As mentiras quedan ao descuberto día a día, hoxe a empresa tivo que sair publicamente para frear o cabreo dos asinantes (estiveron reunidos e chegaron tarde á reunión por iso), despois de que onte a noite fixéramos público que o acordo supón un recorte dos gastos de persoal superior en 10 millóns anuais á proposta inicial da empresa. Poden negociar mal, pero estamos ante un escándalo sindical sen precedentes.

Na reunión asinamos a acta facendo constar a nosa discrepancia ante o que é un periodo de consultas fraudulento, xa que é público que hai un preacordo entre partes. Reservámonos o dereito a tomar as medidas oportunas.

Centos de persoas perderan o seu posto de traballo; todos e todas poderemos ver suspendida a nosa relación laboral; recortarán salarios e dereitos; haberá mobilidade xeográfia absoluta.

O vindeiro 22 de marzo pretenden asinar o novo Expedente de Regulación de Emprego e de modificacións substancial das condicións de traballo.

Para nos é un día triste e duro como para o  cadro de persoal. Non é de extrañar que moitos compañeiros e compañeiras non queiran seguir traballando nunha empresa así é o que persiguen outros, pero para nos o abandono non é unha opción.

Estamos recibindo fortes presións para que calemos a boca e baixemos a cabeza, pero o noso compromiso é manternos firme e seguir defendendo ao persoal. A CIG nin se rende, nin se vende.

2 comentários:

Jack o descuartizador disse...

O gasto na campaña de EVO ten como obxectivo poñer en valor a rede de fora cara a súa venda (parcial ou total).

UGAS se transformaría nun banco malo.

Novagalicia sería o que Castellano quere manter como banco.

Iso é o que falan estos días el, Feijoo, Soraya e Rajoy. Descuartizar e vender parte sería o menor dos males dentro do proxecto Castellano.

Outro problema é que algúns dos grandes queren entrar na poxa por novagalicia e estan tamén xogando as súas bazas.

O Preacordo non gusta , crea problemas en Galicia, onde a rede xa está sufrindo. Pero foi negociado en Madrid e CCOO que levou a batuta institiu en repartir as hostias en toda a empresa. O conseguiron e a cambio a empresa obrigoulles a ampliar o aforro requirido.

En UGT as cousas estan remexidas despois do recente congreso onde De Pliego saiu tocado.

Seguirei...

Administrador disse...

Anda que traes novas frescas "Jack"