29.5.12

Reunión coa Dirección


O 25 de maio, mantiñamos unha reunión con Enrique Tellado. Máis alá das informacións que Novagalicia remite aos medios de comunicación, solicitamos que se nos informase do impacto do novo Real Decreto.

28.5.12

O Congreso debaterá unha proposición para desfacer a privatización da entidade

O Congreso debaterá unha proposición do BNG para que se desfaga a privatización da caixa de aforros e recuperar o carácter público, unha proposta que consideramos moi acaida para garantír o futuro e a viabilidade do proxecto de novagalicia. Si as fusións non foron solución para o sector financeiro, a privatización empeorou a situación, como foi o caso da CAM (a primeira caixa que emitira cotas participativas) ou o caso de Bankia (que cotizaba en bolsa). Pode ver aquí a nova.

24.5.12

Concentración diante da Xunta de Galicia

Delegados e delegadas de Novagalicia Banco, do Banco Gallego (entidade participada) e das empresas auxiliares (HP, Unicom e CISER) concentráronse esta mañá diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza, en Compostela, para demandar unha solución inmediata para NCG, que garanta a viabilidade futura da entidade e o mantemento dos 6.000 postos de traballo -directos e indirectos- que están en xogo. Responsabilizan da devaluación da entidade tanto á grande banca, como ao presidente da Xunta, e consideran que esa solución debe vir por manter á entidade como banca pública.

23.5.12

Concentración 24 de maio na Xunta de Galicia

Maña 24 de maio concentrarémonos xunto cos compañeiros e compañeiras do Banco Gallego (entidade participada), HP, Unicom e CISER (empresas auxiliares), para demandar unha solución inmediata á situación de novagalicia banco.

Non caben mais adiamentos mentres se desvaloriza a Entidade, poñendo en perigo mais de 6.000 postos de traballo en Galiza.

Non caben mais adiamentos para solucionar o problema xerado polas participacións preferentes e as obrigas subordinadas.

Non caben mais adiamentos, como pretenden a gran banca, mentres tira beneficio da desconfianza da nosa clientela. 

novagalicia banco, solución XA!!