Dende que se coñeceu o Preacordo levamos insistindo en que este empiora a proposta inicial da propia empresa. Agora esta, nun comunicado público, acaba, sen querer, de darnos a razón.
Cando comezou a negociación, coa súa proposta inicial procuraban un aforro recorrente de 50 millóns en gastos de persoal. Ver aquí noticia na Voz de Galicia, periodíco nada sospeitoso, o Presidente do Banco era Vicepresidente da Voz ata que entrou na entidade.
Agora a empresa recoñeceu nun comunicado público que co Preacordo o aforro anual recorrente será de 60 millóns de euros en gastos de persoal. Ver aquí nova en Europa Press.
O acordo asinado por CCOO-UGT-CSICA permitiulles aforrar en gastos de persoal 10 millóns de euros anuais mais dos que pretendían inicialmente.E iso que as propostas iniciais en calquera negociacións normalmente son as mais ambiciosas.
Ademais a nosa previsión sobre o alcance das suspensións de contrato e reducións de xornada quedouse curta, a propia empresa as eleva ata as 6.000 persoas.
Descuberta tamén a xogada suxa para as baixas dos maiores de 50 anos, que serían ceses voluntarios perdendo o dereito ao desemprego e a exención fiscal, agora din que este persoal tamén terá preferencia a hora de acollerse ás baixas anteriores.

Abofé que foi unha boa negociación...por parte de Martín Godino.
Sem comentários:
Enviar um comentário