8.3.12

Concentración en Paderne pola readmisión de Alberto

Alberto, ao fondo, recibe o aplauso dos asistentes.
Que a estas alturas os clientes dun banco saian en defensa dun Director despedido non é habitual, en todo caso, esta mostra de solidariedade demostra que Alberto é unha persoa querida por quen o coñece, froito da súa grande humanidade e honestidade. Hoxe moitos viciños de Paderne sairon na súa defensa, outros moitos que non poideron estar por motivos laborais trasladaron o seu apoio. Está en marcha unha recollida masiva de sinaturas (nalgunha parrroquida xa firmou o 99% dos habitantes).

Previamente á concentración que durou unha hora,  unha caravana de coches encartelados partiu de Ourense cara a Paderne denunciando que "Novagalicia despide".

Comunicaron o despedimento por buro-fax, indicando que podería haber reclamacións da clientela e danos reputacionais (imaxe) para a entidade. Efectivamente hai unha reclamación da clientela, a readmisión de Alberto; e houbo danos reputacionais (imaxe), pero por telo despedido inxustamente.

Confúndese quen pensa que pode quedarse cun banco despedindo inxustamente aos traballadores/as. Somos nos a imaxe ante a clientela, para o malo, pero tamén para o bon. O banco sin nos non vale ren, isto non é unha mercería.

Continuaremos loitando pola súa readmisión, por unha saida xusta. A vindeira mobilizacións será unha manifestación de clientes, traballadores/as e da CIG en Ourense, si antes non hai unha saída negociada.

Sr Castellano, si nos fósemos donos dun banco contrataríamos ao Alberto, dada a boa carteira de clientes que confian nel.


O apoio veciñal superou as expectativas malia ser un día laboral.

7 comentários:

Anónimo disse...

Clientes e traballadores/as xuntos.

Deberíamos unir forzas e reclamar conxuntamente unha saída para novagalicia banco. Estamos todos no mesmo barco.

Non coñezo ao Alberto, pero debe ser unha boa persoa para ter ese apoio.

Rascallu disse...

Si os clientes o apoian xa sei por que o despiden: non vendeu preferentes e subordinadas sin ton ni són.

Un Director así non interesa a Comercial, María Camino e compañia.

Anónimo disse...

E máis nun pobo onde todo o mundo se coñece, deixar a alberto sen traballo e como mínimo contrariar a vontade do pobo. Os responsables do seu despedimento son os que tiñan que estar na rúa hai tempo...

Administrador disse...

Entendemos as reaccións airadas de moitos compañeiros.

Cada día resulta mais complicado moderar os comentarios, non é censura, pero non podemos publicar insultos e descalificacións sexan contra directivos individuais ou no seu conxunto.

Anónimo disse...

Cara e cruz.

A cara Paderne, a cruz onte en Pontevedra.

Alberto readmisión!!!

Anónimo disse...

A cara é a CIG defendendo a Alberto, a cruz ccoo/ugt/csica negociando as agochadas, con nocturinade e alevosia.

Estaban sen durmir cando asinaron.

Anónimo disse...

A cara é a CIG defendendo a Alberto, a cruz ccoo/ugt/csica negociando as agochadas, con nocturinade e alevosia.

Estaban sen durmir cando asinaron.