Negociando a altas horas da madrugada |
Ao inicio da negociación a empresa dixo que habia un excedente fora de Galiza de 450 persoas (para as que propuñan baixas incentivas e despedimentos) e un excedente de 250 persoas en SSCC (para as que propuñan baixas incentivadas e suspensións de contratos). Propuñan baixas, despedimentos e suspensións que sumaban 700 persoas.
Agora conseguiron 350 baixas do ERE2 + 350 baixas ERE3. Si o persoal non aceptou baixas voluntariamente, a que recorreran agora para encher o novo ERE?. Sen entrar nas condicións das baixas incentivadadas do novo ERE, deixa a porta aberta a que o persoal maior de 50 anos poda verse obrigado a renunciar ao desemprego (si, tal cal). O persoal só se acolleu ás baixas en marcha cando a empresa xerou incerteza, coas súas propostas de despedimentos masivos e rebaixas das indemnizacións. Pero agora insisten na vía das “baixas voluntarias”, que medidas utilizará agora a Dirección para aguilloar?, moi doado as incluídas no propio ERE.
Malia que recoñecen que as colas son un dos maiores problemas en Galiza, o preacordo prevé tamén un ERE suspensivo e rotatorio para o 75% do cadro de persoal. A Dirección poderá suspender contratos e reducir xornada a perto de 5.000 persoas.
Ao final o preacordo, inclue 700 baixas mais 5.000 suspensións, as medidas en materia de emprego afectan a 5.700 persoas, empiora con moito as 700 propostas pola empresa. Será que as 4 da maña, cando chegaron a este punto, os “negociadores” estaban medio durmidos.
Pero non só perigan postos de traballo, tamén recortan salarios. Na última reunión a Dirección xa dixo que o recorte salarial proposto era o máximo por escala e que os 25.000 euros primeiros quedaban exentos. Pero con todo o recorte súmase á conxelación e perda salarial do convenio, (ese que era ”unha garantía para o emprego”). Iso deberon de tratalo ás 5 da maña, entre cabezada e cabezada.
Negociadores exahustos |
Venres polo serán |
Negociadores ide a durmir!! Que o día 15 comeza o período de consultas.
2 comentários:
Es tremendamente injusto que nos pongan en el disparadero a aquellos que llevamos años y años de servicio en esta empresa.
Nos hemos dejado la piel y nos apuntan como el dedo. Quieren que me vaya con cuatro duros para hacer un sitio a un fichaje de la red2, que en cuanto pueda dejara la empresa para irse a otra.
Ademas como que iremos al paro pero no lo cobraremos?. Yo llevo cotizado toda la vida y ahora si me voy lo pierdo.
Tedes o que merecedes, por votar a CC.OO, UGT e Fesica.
Ide agora a laiar a eles
Enviar um comentário