10.2.12

Inxusto final laboral para un home honrado e traballador.

Entrou na Caixa sendo pouco mais cun neno, anos de esforzo ilusión e a súa valía persoal fixeron posible comezar unha prometedora carreira profesional, pouco a pouco foi prosperando, interventor, director. Cando bota unha mirada atrás a súa vida foi a Caixa, casou tivo fillos e a Caixa, a familia non sempre estivo nun primeiro nivel. Os clientes: a Caixa.

Sufriu o duro cambio que sufrimos e seguiu como Director, presión, obxectivos, chamadas correos, reunión, campañas…dando o callo, sempre dilixente, nada que dicirlle. Deixou iso si a saúde polo camiño, pero seguiu día a día ao pé do canon.

Chegou a incerteza, os ruxe-ruxe, as malas novas, pero el deixando a saúde seguiu tirando da oficina: a clientela, os compañeiros/as, a Caixa.

Cando a saúde non lle permitiu tirar mais falou: teño que deixalo, non pode seguir con esta tensión á fronte da oficina…continua lle pediron. Unha vez mais deixou a saúde e a familia de lado, todo pola Caixa.

Chegou a fusión, integración da súa oficina noutra, por fin cesado quedou como subdirector. Pouco dura a alegría, as poucas semanas o director de baixa e el outros 9 meses de director aturando de todo: dobre sistema informático, malestar da clientela, longas xornadas laborais nunha oficina sen persoal. Saír as 8 da noite, non cadrar, tirar día a día como se pode. Os clientes marchan e recibe instrucións: que non marche nin un céntimo por xuros. Como? Búscate a vida. Nos obedecemos as malas instrucións doutros, pero iso nos converte en posibles vítimas de despedimentos.

Recibiu o despedimento por burofax, dende aquela procuramos unha saída negociada, pero non acceden. A resposta a este sindicato: “Hace poco no hubiéramos despedido a nadie por esto, pero tal y como están las cosas tendremos que despedir a muchos inocentes, es mejor empezar por los que hicieron algo aunque sea poco” (SIC).

O compañeiro non fixo pouco, fixo moito pola Caixa (no banco pouco tempo tivo), pero non fixo nada que se mereza tamaño castigo, como moito erros administrativos dos que cometemos todos os días nesta incerteza sen fin. No fondo ata eles o saben, pero hai que despedir a inocentes…el é o primeiro. Na carta de despedimento falan de posibles danos reputacionais (de imaxe para a Entidade), quedamos sen palabras. 

Alberto Rumbo, de Paderne (Ourense), é un home honrado, sempre o foi e faremos que a sociedade e o seu entorno o saiba, este é un despedimento inxusto. Sen dúbida el hoxe pensará en moitas cousas que non tería feito…aturar o que a ninguén se lle pode esixir. 

Avisados estamos: hai que despedir e buscan escusas. Este non será o último antes do ERE. Non había normativa unificada a disposición do persoal, (si non a nosa recomendación sería que a cumprades estritamente) pero o seu incumprimento será utilizado para despedir.

A clientela reclamando na rúa o seu diñeiro e converten un problema comercial nun problema de orde público, pero preocúpalle o dano reputacional e da imaxe da entidade pola actuación dun compañeiro do rural de Ourense, unha mala broma.

2 comentários:

Anónimo disse...

Leña con eles: este despedimento van a pagalo si ou si.

ONG disse...

Estes son os que fan colectas para mandarlle carne e alimentos ós paises pobres e saen rodeados de nenos e nenas como homes piadosos con grandes virtudes e empatías. Xa nos lembrarán cando teñan un cancro que os coma, e se é de osos mellor, que doe mais.