9.2.12

Ao clientes non lles deixan entrar e queren que saia o persoal

Houbo mala praxe na colocación de produtos complexos á clientela, sendo responsables as anterirores direccións, nomeadamente a de Caixanova. Non estamos ante casos aillados, o que demostra que non é unha responsabilidade dos traballadores e traballadoras
.

Nos, representantes dos traballadores/as, temos solicitado da fiscalía xeral do Estado e do Banco de España que se investigue a xestión con todo o que implica. Fomos nos, os representantes dos traballadores/as nos órganos de goberno os que votamos reiteradamente contra a xestión das entidades, os representantes da clientela (o grupo maioritario nos órganos de goberno) calaban e asentían votando favorablemente.

A Fiscalia Anticorrupción ten aberto a intancias desta representación dos traballadores/as unha investigación, o goberno galego e o Partido Popular bloquean coa súa maioría no Parlamento Galego que se abra unha Comisión de Investigación sobre todos os escándalos que rodean esta entidade que se esfarela ante os nosos ollos. A actual Dirección mostrou unha "comprensión" polo "sufrimento" das anteriores direccións que criticamos abertamente.

Os responsables políticos da Xunta de Galicia e do FROB (Goberno Central e Banco de España) continuan sen dar unha solución á clientela. Non se pode baixo ningún concepto convertir un problema comercial, e  aos dos nosos bos clientes, nun problema de orde público. 

Comprendemos a situación desesperada de moitas familias afectadas, que teñen todo o noso apoio, pero condeamos o acoso e ameazas aos traballadores e as traballadoras da entidade, que son tamén vítimas dos directivos e dos seus políticos amigos. 

Nos non estamos coas Direccións, as que nada lle debemos, só puxeron os nosos postos de traballo en perigo. Nos estamos coa clientela que é a que verdadeiramente nos dá de comer coa súa confianza diaria.

A Dirección non quere que a clientela entre nas oficinas e quere que centos de traballadores/as saian. Queren quedar coa empresa a toda costa, abofé que o conseguiran, un cascaron baleiro sen clientes e sen traballadores/as.

Sem comentários: