27.6.14

Fin

Hoxe poñemos fin a este espazo en internet, dende onte xa contades cun novo espazo, o da Sección Sindical da CIG en ABANCA.

Este espazo no que xa non publicaremos máis, naceu o 1 de decembro do 2010, cando a fusión das Caixas e rematou o 26 de xuño do 2014, coa privatización definitiva da Entidade. Ao longo deste anos tratamos de mantervos informados/as, neste período publicamos un total de 680 entradas.

Co lanzamento da nova marca péchase o período mais duro, triste e negro da nosa historia. Pechamos pois un ciclo e por iso queremos rematar cunha lembranza aos noso compañeiro Marcelino de Caixavigo e a compañeira Marina de Caixa Galicia, que nos deixaron para sempre.

Grazas a todos e todas por seguirnos, por darnos o voso apoio constante, polo voso compromiso como afiliados e afiliadas e por aplaudir os nosos acertos e sobre todo por entender os nosos erros. Agardamos seguir xuntos no novo espazo.


Sem comentários: