20.6.14

A Comisión Europea aproba as modificacións do Plan de Reestruturación

Os medios de comunicación informan de que a Comisión Europea acaba de facer pública a aprobación das modificacións do Plan de Reestruturación.

Xa nos temos dirixido á Dirección da Entidade para que nos informe sobre o impacto laboral das medidas que presentaron en Bruxelas e que foron aprobadas pola Comisión Europea. 

Temos solicitado tamén formalmente que nos remitan copia do Plan aprobado por Bruxelas.

Seguiremos informando a todo o cadro de persoal conforme teñamos dados.

Sem comentários: