19.6.14

Lanzamento da nova marca e Convención Comercial

Hoxe temos remitido o seguinte correo a Sra. Camino e ao Sr. Couceiro, interesándonos por como compensaran ou pagaran as horas extras derivadas da Convención e do lanzamento da marca.

Bos días

En relación ao lanzamento da nova marca, as instruccións que recibiu o persoal din que os envios non poden ser abertos ata as 19:00 hora do día 26 de xuño. Pero que o día 27 ás 8:00 da maña ten que estar colocado todo o material.

Iso implica que os compañeiros e compañeiras deberan realizar horas extras i en moitos casos desprazamentos ata as oficinas (tempo que tamén debería ser computado como horas extras). Por medio da presente pregamos nos indiquen como ten que actuar o persoal, xa que nas oficinas non hai rexistros de horas extras, para poder computalas e percibir o que legalmente corresponde.

Preocúpanos que poda incumprirse ademais o descanso mínimo entre xornadas laborais, polo que pregamos nos indiquen que medidas teñen previsto para evitalo.

Do mesmo xeito o vindeiro 21 está convocada unha Convención na Coruña, onte e hoxe Xefes de Zona e Directores Territoriais estan chamando ao persoal, que non se apuntou voluntariamente, para instalos a ir. Dado que son horas extras e non existe ningún tipo de rexistro das mesmas, pregamos nos indiquen como pode facer o persoal e como seran compensadas ou pagadas. 


No mesmo senso moitos compañeiros/as fannos seguir correos electrónicos con convocatorias comerciais fora da xornada laboral, algo cada vez mais habitual, que se engade á extensión ilegal da xornada debido á carga de traballo e a falta de persoal. 

A empresa manten aberto o Expediente de Despedimentos Colectivos, ameazando ademais con despedimentos masivos. Ao tempo hai contratacións vía Empresas de Traballo Temporal e o persoal soporta unha carga de traballo excesiva (dando lugar a erros que despois son duramente sancionados) ao tempo que se extende ilegalmente a xornada laboral. Loxicamente actuaremos ante esta situación.

Agardamos que a nova marca non naza incumprindo a lexislación laboral.






Sem comentários: