9.6.12

O parlamento Galego aproba por unanimidade proposta contra a xubilación dos ex-directivos

Henrique Viéitez
Como todos lembraredes dende a CIG defendimos unha negociación interna para reducir ao mínimo legal os 33 millóns de euros pendentes de cobrar por 4 ex-directivos en concepto de xubilación. Ata ese momento e malia tratarse dunha inxustiza absoluta, ninguen fixera nada. A nosa proposta foi rexeitada por RRHH e polo resto da representación sindical, agás a CGT. Ante esa situación puxémonos en contacto co parlamentario Henrique Vieitez do BNG, que presentou unha proposición non de lei no Parlamento Galego que foi aprobada onte por unanimidade. O mesmo día o Presidente de NCG Banco contestou a nosa proposta.

Onte o Parlamento aprobou por unanimidade solicitar ao Banco de España e ao Ministerio de Economía, que teñen a representación do 93% do accionariado de NCG Banco a través do FROB, que tomen medidas para evitar ese pago. Así mesmo o Parlamento aprobou que a devolución incremente o patrimonio das antigas Caixas, non do Banco, tal e como defendimos dende a CIG. Na súa intervención Viéitez lembrou o impacto laboral da fusión.

Non é casual que onte mesmo recibíramos contestación, en castellano, por parte do Presidente da Entidade ao noso escrito dirixido ao Consello de Administración solicitando exactamente o mesmo que aprobou o Parlamento Galego: que se tomen medidas para evitar o cobro. 

Na súa carta Castellano di estar preocupado tamén e que agarda instruccións da Fiscalía, di tamén que entenden que as xubilacións se axustan a dereito (repetindo a argumentación que mantiveron a respecto das indemnizacións por prexubilación) e lembra tamén que a nosa proposta non foi respaldada polo resto dos sindicatos.

A sociedade galega, representada polo seu Parlamento, aprobou por unanimidade a proposta impulsada pola CIG. A Dirección da Entidade e o resto dos sindicatos, agás a CGT, viven fora da realidade e defenden unha realidade inxusta socialmente, cunha visión corporativista e sectaria.

1 comentário:

A vaca que rie disse...

Será que chupan do mesmo teto.