19.3.12

Javier Guerra: si é un "afectado" debe dimitir

O "afectado" co máximo ex-Presidente de Caixanova.
Que o Conselleiro de Industria diga que é un "afectado" das participacións preferentes é unha tomadura de pelo. Houbo pequenos clientes sen coñecementos financeiros que non coñecían que clase de produtos adquirian e polo tanto teñen a consideración de afectados/as.

Que un gran empresario, (en Portugal, xa que é onde ten as empresas), para mais INRI Conselleiro de Industria da Xunta de Galicia, diga que el non tiña coñecementos financeiros sobre o produto que contratou é todo unha tomadura de pelo e demagoxia populista. Por outra banda si realmente é un afectado, hai motivos sobrados para reclamar a súa dimisión, o futuro do tecido industrial de Galiza non pode estar nas súas mans.

Sem comentários: