Malia que non está pechado, a empresa consciente da dificultade para que a xente acepte adherirse á baixa incentivida como xeito de desfacerse do persoal, ten plantexado unha posibilidade que modificaría o Preacordo actual. Insistimos que a suspensión non é a solución e a Dirección quere desfacerse de 700 persoas ERE en vigor incluido.
Temos denunciado a intención de que os ceses dos maiores de 50 anos (agás os que teñen 55 cumpridos a 31 de marzo), poideran tramitarse como ceses voluntarios perdendo todos os dereitos legais. Unha fraude laboral.
A Dirección plantexou agora unha posible saída para as persoas que cumpran 55 anos ata o 31 de decembro deste ano, dandolle entrada no ERE en vigor e polo tanto mantendo todos os dereitos. Incluindolles a cotización ata os 63 anos.
O preacordo recollía que a empresa nestes casos abonaría a indemnización e o importe do convenio especial ata os 63 anos, pero iso non era unha solución xa que en moitos casos o importe do convenio especial tributaría na renda e polo tanto veríase reducido. Ademais a cotización polo Convenio especial é só cando a persoas é despedida con mais de 55 anos.
Hoxe a empresa está procurando unha solución parcial a estes problemas. Estamos á espera dun redactado concreto, en canto o teñamos farémolo público, mentres manteñamos a cautela.

Sem comentários:
Enviar um comentário