Hoxe entregamos persoalmente ao Presidente da entidade máis de 600 sinaturas compulsadas dos viciños de Paderne en apoio á readmision do noso compañeiro Alberto Rumbo, outras 400 sinaturas de moitos viciños non residentes seranlle remitidas directamente polos clientes.
As sinaturas que foron compulsadas representan o 67% dos viciños da localidade ourensana que residen na mesma, o que demostra un apoio sen fisuras. Tamén entregamos copia da carta recibida da Asociacion de Viciños dandolle a Alberto as grazas polos anos de servizo no pobo.
Tal e como anunciamos estamos valorando unha manifestación en Ourense en demanda da súa readmisión, que faríamos en fora do horario laboral para facilitar a participación da clientela e dos traballadores e traballadoras. Esta manifestación tería lugar antes do 12 de abril data prevista para o xuizo.
Agardamos que se reconsidere o que consideramos un despedimento inxusto.
Sem comentários:
Enviar um comentário