22.3.12

Acordo asi non, hai alternativas

O día 22 de marzo foi asinado o ERE III, que da cumprimento ao Preacordo, agás nalgunhas cuestións que denunciamos publicamente por ser ilegais. En primeiro lugar destacar que seguimos demandando que o Acordo sexa sometido a referendo, a CIG acredita na democracia e queremos que o persoal afectado, que somos todos e todas, poda opinar. Sigue leendo si queres acceder ao texto do acordo.

Baixas incentivadas: Manteñen as 700.

Persoal con 55 anos cumpridos a 31 de decembro: Tal e como publicamos o día 21 no noso espazo en Internet, a empresa pretende priorizar no ERE en vigor a saída do persoal que cumpra 55 anos no 2012, denunciamos que o abono do convenio especial ata os 63 anos tributaría, polo que finalmente a empresa farase cargo da fiscalidade. O prazo para solicitar a baixa para este colectivo é ata final de marzo.

Para o persoal menor de 55 anos mateñen as condicións. Temos denunciado que no Preacordo contemplaban a saída do persoal de 50 a 55 anos a través de ceses voluntarios, o cal entendemos que era irregular. Manteñen “a intención de aplicalo a través de acordos individuais”, pero ao tratarse dunha ilegalidade non o fixeron figurar no Acordo.

Suspensións: Manteñen a suspensión de contratos para o 75% do cadro de persoal por libre decisión da empresa (5.000 persoas). Recollen que o persoal maior de 50 anos terá preferencia nas suspensións de contratos e reducións de xornadas. Tal e como dixemos as suspensións son unha figura para facer fronte á caída da demanda, que non é o caso. RRHH recoñeceu que as suspensións son para gañar tempo.

Recorte salarial: Mantense. Non aceptaron a opción de compensar o recorte con opcións sobre futuras accións.

Adiamento achegas plan de pensións: Só para o persoal de achega definida, prevén un plan de recuperación incrementando as achegas en anos posteriores ata o 2024. Curiosamente o Acordo prevé que no caso de que NCG Banco, SA sexa absorbido (pouco creen no proxecto) realizaríanse as achegas con normalidade.

Mobilidade xeográfica: Sen restricións afectados reestruturación por libre decisión da empresa.

Horario tardes EVO: Pactan horario de maña e tarde para permitir a recolocación do persoal.

A empresa indicou que as vacantes producidas en Galiza polas baixas incentivadas, serían ofertadas ao persoal de fora de Galiza a criterio da Dirección. Dende a CIG preguntamos polo excedente de SSCC na Coruña e Vigo e dixeron que tamén haberá recolocacións, pero que si non chegan as vacantes suspenderan contratos. Preguntámoslle que sucedera si ao remate da suspensión seguira sen haber vacantes, responderon que a esas persoas lles ofertaran baixas incentivadas.

Preguntados sobre a posibilidade de implantar unha quenda de tarde nas Oficinas Principais en Galiza para recolocar ao persoal excedente de SSCC, dixeron que non o contemplaban.

Tampouco aceptaron a nosa proposta para que este acordo non se aplicase a persoas afectadas por conciliación (persoas con familiares ao cargo, con reducións de xornada, etc). Contestaron que o valoraran.

Pensamos que é un acordo inútil, ineficaz e inxusto, pero con todo nos defendemos que sexa o cadro de persoal quen decida libremente si o quere ou non.

120322 Acordo Ere Ncg III

Sem comentários: