25.1.12

O salario dos directivos

Argumentamos na mesa negociadora do Convenio que era preciso reducir as diferenzas salariais no seo das empresas, moito antes de que a sociedade asistira con indignación aos escándalos relacionados coas retribucións e indemnizacións das altas direccións.

Daquela a ACARL, a patronal das Caixas, argumentou que as diferenzas salariais no sector eran mais baixas incluso que na administración do Estado. Posteriormente coñeceuse o alcance das clausulas salariais segredas das altas Direccións, que tiraban por terra esa argumentación.

Na reunión que mantivemos coa dirección de Novagalicia banco o pasado 2 de xaneiro, solicitamos formalmente unha rebaixa dos salarios da alta dirección, propoñendo unha relación máxima de 5 a 1 a respecto do salario medio na empresa.

En ambos casos as propostas foron rexeitadas, no primeiro caso nen sequera contamos co apoio do resto da representación sindical na mesa do Convenio, sempre disposta a recortar os salarios dos traballadores/as.

Agora a UE estuda endurecer os límites dos salarios dos Directivos, a través dun máximo en relación ás retribucións dos traballadores/as da empresa. 

Si chega a sair adiante moitos, que negaron o apoio a nosa proposta na mesa negociadora do Convenio, o considerarán positivo; outros que rexeitaron facelo voluntariamente dando un exemplo positivo cara adentro e fora da empresa, terán que facelo por lei.

Nos en todo caso, teremos a conciencia tranquila e a certeza de ter atinado nas nosas propostas, unha vez mais. Agardamos que mais ala do recorte salarial a catro anos que pactaron para o persoal, nos expliquen como afectará ás cúpulas dos bancos das Caixas, algo que quizas esqueceron falar nas reunións que mantiveron as agochadas.

Sem comentários: