25.1.12

A empresa non leva adiante a controvertida retirada da paga de beneficios de marzo

Relacións Laborais acaba de comunicarnos que procederá ao abono da paga de beneficios 2011 conxuntamente coa paga de marzo. Así mesmo procedera ao abono da paga de marzo 2012 prorrateada mensualmente, medida que terá impacto fiscal. Non renuncian iso si a aplicar o artigo 50 do Convenio no futuro (SIC). Entre tanto recorte lembrarían modificar este artigo no preacordo de Convenio os sindicatos do SI (si aos despedimentos, aos traslados, aos recortes salariais durante 4 anos... si a todo o que digan as direccións e o poder).

Agardamos que os recortadores profesionais dos sindicatos patronais (CCOO-UGT-CSICA) non digan agora que se preserva a paga grazas a eles, a súa firmeza, bla, bla, bla.

Así mesmo xa estamos convocados para comezar a negociación para dar saida ao que a empresa califica como "excendente" nos SSCC en Vigo e a Coruña. Menos mal que dixeron que o preacordo do Convenio garantía o emprego fronte aos ERE´s,  un bluf coma outro calquera.

Sem comentários: