25.1.12

Novacaixagalicia pon en marcha un plano de prexubilacións

Novacaixagalicia, a Caixa de Aforros accionista de novagalicia banco, acaba de poñer en marcha un plan de prexubilacións para o persoal maior de 54 anos, ao que se pode acoller 34 persoas, o 11% do cadro de persoal.

As condicións van do 84% do salario para o persoal de 54 anos, ao 100% para o persoal con 64 anos.

Agardamos que tal e como fará a Caixa de Aforros, a Dirección do banco responda positivamente á vía das prexubilacións que temos realizado dende a CIG.

Sem comentários: