24.1.12

Catro anos de conxelación cunha perda de entre o 8 e o 10% dos nosos salarios

En relación ao preacordo de Convenio, é preciso subliñar que estamos ante unha conxelación e recorte salarial nos anos 2011-2012 e tamén nos anos 2013-2014 se hai recesión. Non é en base a situación do sector, si non en aplicación do Acordo Interconfederal asinado por CCOO-UGT-CEOE-CEPYME. A clase traballadora pagará as consecuencias da crise cun duro recorte salarial a 4 anos.

Din que se reforza a existencia do Convenio de Caixas fronte ao de Banca: En primeiro lugar que pervivan os bancos procedentes das Caixas depende da concentración e centralización do sistema financeiro que prepara neste momento o Partido Popular, que insiste na vía fracasada das fusións coma o anterior goberno do PSOE. Que pasará si os bancos absorben aos bancos das Caixas? aplicarase o de banca e haberá que negociar as condicións do trapaso.

Recorte salarial salvaxe: Estamos ante un recorte brutal dos nosos salarios ao longo da vixencia do Convenio. Primeiro coa conxelación durante os anos 2011 e 2012.

Salario Medio         Perda Conxelación Salarial 2011

30.000                                            -720
35.000                                            -840
40.000                                            -960
45.000                                         -1.080
50.000                                         -1.200

Para 2013 e 2014 a suba estará condicionada pola evolución do PIB do Estado, algo inaudito, cando os distintos Organismos avisan dunha recesión de cando menos 2 anos.

O Plus Convenio tamén será conxelado, e para 2013-2014 establécese outro interruptor, a “eficiencia” das empresas que depende da xestión das cúpulas.

Con este preacordo, recortan salario fixo e outra parte pasa a ser variable. Ademais a Comisión Paritaria poderá decidir que non se aplique o Convenio en numerosas materias.

Compromiso de que non haberá medidas traumáticas unilaterais. A propia lexislación prevé un período de consultas coa representación sindical ante a toma de medidas de carácter colectivo. Ademais escasa garantía ofrece que “negocie” con CCOO, CSICA e UGT que, a día de hoxe, teñen asinado ERE´s e traslados colectivos e que aceptan un recorte salarial a 4 anos de entre un 8-10%. Os sindicatos da patronal non son garantía de nada.

En definitiva, o preacordo só favorece ás blindadas cúpulas das entidades e agardamos que se produza a reunión da Mesa legalmente constituída e lexitimada para negociar o Convenio, co fin de coñecer o texto definitivo.

6 comentários:

Anónimo disse...

Si conxelan o salario 4 anos o que consiguen é un acordo que rebaixa os nosos salarios mais ala do da banca privada, facilitando que si nos absorbe o Santander non teña que tocalos Botín.

Transparente disse...

Canto cobran os conselleiros de CCOo, UGT nas caixas?

Que axudas en diñeiro reciben de cada unha das empresas?

Cantas caixas teñen contratadas a empresas do grupo CCOO/UGT Corporation?

Que préstamos teñen CCOO e UGT (e as súas empresas, promocións, etc) coas caixas i en que condicións?.

Transparencia ante todo, non se pode criticar ás Direccións e actuar igoal.

Anónimo disse...

Como los representantes del personal pueden firmar congelar los salarios sinedie. Son nuestros representantes no de la patronal.

Castellanos de Castela disse...

Y los salarios de los directivos que? venga hombre, vaya vendida!

Costa Concordia Banco disse...

Paciencia compañeros, ya vendrán las vacas gordas, se están dando los pasos necesarios para llevar este barco a navegar. La dirección hace los esfuerzos necesarios para defender las condiciones laborales de todos y todas. Tienen pensado contratar a Francesco Schettino.

Para que imos falar si o podemos solucionar a ostias disse...

Costa Concordia banco, estas equivocado. Francesco Shettino xa estaba ao timón do barco e marchou en canto houbo o mais mínimo problema: son os blindados!!!.

Outra cuestión é que ao timón comercial da nave continuen algúns dos Shettino, os que tomaron decisións comerciais que hoxe alporizan á clientela que carga contra os traballadores/as. E que continuen cobrando salarios estratosféricos despois de ser renovados no organigrama.

Non se entende coma o Banco de España poda permitir que algún siga cobrando e de rositas.

Efectivamente volveran as vacas gordas, pero desta volta só beneficiaran aos accionistas, os dereitos laborais non volveran.