30.1.12

O expedente de Regulación de Emprego afectará ata 650 persoas

Na reunión do 30 de xaneiro coa Dirección, e dada a intranquilidade na clientela pola comercialización de preferentes, nomeadamente na provincia de Pontevedra (onde a cotío hai durísimas concentracións de clientes) e para evitar maior incerteza, a CIG solicitou aprazar as reunión laborais en tanto o Banco de España non autoriza unha saída para a clientela. A proposta foi rexeitada pola Dirección. Despois da reunión, soubemos que dende o gabinete de prensa do banco tiñan remitido un comunicado aos medios de comunicación mentres estábamos reunidos. O novo ERE xa era público.

Martin Godino (Sagardoy)
A esta reunión, a Directora de Persoal acudiu acompañada de dúas persoas de RRLL (2 avogados), máis 3 avogados externos do despacho Sagardoy de Madrid. Non entendemos que oferten diálogo e pola súa parte asistan 5 avogados. Se queren xudicializar o proceso, nós valoraremos enviar aos avogados da CIG ás reunións.

Continuaron cunha densa exposición sobre a situación económica mundial, europea e do Estado, co fin de xustificar as medidas que propuxeron posteriormente.

Din que hai que aforrar 50 millóns de euros anuais en gastos de explotación e que sobran 250 persoas en SSCC-Galiza e 350/400 na rede 2 onde pretenden pechar 110 oficinas. Este excedente total de 650 persoas é para o ano 2012, sen descartar novos recortes para o 2013. Outros sindicatos pediron que as medidas afecten a toda a rede comercial, incluída a rede galega, “todos trabajamos en la misma empresa”, argumentaron.

A Directora de Persoal dixo que os posibles investidores piden estas medidas. Martín Godino, de Sagardoy, dixo que o excedente era froito da integración (non aclarou integración con quen).
Preguntamos á Directora de Persoal se na vindeira reunión comezaba o período de consultas ao que contestou que si, mentres que Martín Godino dixo que non.

Lembramos que o preacordo do Convenio xa contempla un recorte salarial durante 4 anos e que os sindicatos que o apoiaron, anunciaron que así se evitarían medidas traumáticas.

Insistimos en que a comercialización das participación preferentes pode dar lugar a posibles prexuízos económicos para a Entidade, a maiores do risco reputacional (imaxe); ante isto, pedimos a apertura dun expediente disciplinario ao Director Comercial de novacaixagalicia e actual Director Xeral de Novagalicia Banco. (Explicamos que non pedimos que o cesen/boten para evitar pagarlle unha indemnización multimillonaria).

En definitiva, din que sobramos 650 persoas e que precisan un aforro de 50 millóns de euros ao ano; que na seguinte reunión farán propostas, e agardan que os sindicatos sexamos “imaxinativos”. Que nós saibamos, só hai un xeito de botar 650 persoas dunha empresa: un ERE. Agardamos pois que digan que clase de medidas queren incluír no mesmo.  

A CIG non acepta despedimentos e o persoal xa dixo NON ás baixas incentivadas.

4 comentários:

A todo gorrino chegalle o seu... disse...

Martin Godino non foi o do escándalo do primeiro ERE? o do famoso CD?

Galego disse...

Foi a CIG a que dixo que non lle importaba mais ala de Pedrafita?

Administrador disse...

Primeiro: as dúas persoas que asistiron pola CIG eran do sur de Galiza, polo tanto houberan utilizado a expresión "mais ala do Padornelo". O de "Pedrafita" é mais pola zona de Lugo.

Segundo: A CIG é un sindicato de clase, e o internacionalismo forma parte dos seus principios.

Terceiro: Esa expresión totalmente fora de lugar foi dun representante de ASCA. Algo inexplicable xa que ese grupúsculo formado con tránsfugas entre outros do CSICA (sindicato de ámbito estatal) forma parte de CIC, sindicato de ámbito estatal.

Outra cuestión é que os sindicatos patronais queiran crear confusión deixando entrever que isa posición estúpida i excluinte ten algo que ver con ser nacionalista.

Administrador disse...

Si, a anterior Dirección tivo que disculparse pola mala educación do tal Godino na primeira reunión do período de consulta do primeiro ERE.

A súa re-contratación di moito da nova Dirección.