Este venres os delegados e delegadas da CIG de Ourense concentraranse ás 11 da maña diante da oficina da rúa do Paseo, na que estan os despachos dos xefes de zona, para protestar contra as continuas ameazas ao persoal derivadas do PAC (Plan Acción Comercial). Na zona sur de Ourense ameazouse con despedir en base ao ERE a quen non cumpra cando menos o 80% do PAC.
Sem comentários:
Enviar um comentário