13.3.14

Contestación da Comisión Europea



Ante a nosa preocupación polo impacto do proceso de poxa de novagalicia banco sobre o Plan de Reestruturación, é dicir sobre o emprego, dirixímonos unha vez mais á Comisión Europea. Como no pasado, mentres os organismos gobernamentais españois son totalmente opacos, da CE recibimos contestación.

En primeiro lugar nos indicaron que a Comisión Europea valora de xeito positivo a venda de NCG, SA. Si están de acordo coa venda entendemos que si esta se adiase mais ala da data prevista inicialmente, do 31 de marzo de 2014, o Goberno do Estado debería dar explicacións.

Din tamén que o FROB informou a Comisión Europea ao longo do proceso de venda, tal e como todos e todas coñecemos.

En segundo lugar a Comisión Europea indicounos que pensan que o proceso de venda debería acelerar o Plan de Reestruturación de NCG Banco, S.A.. O cal para nos é motivo de grave preocupación, o Plan de Reestruturación é o ERE.

Por último en relación á posible modificación do Plan de Reestruturación contestan que “Inicialmente, o comprador de NCG Banco, debe seguir o Plano de Reestruturación aprobado en novembro do 2012. Sen embargo, si España, considera que quere facer algunhas modificacións de xeito substancial, pode propoñelas á Comisión, que estudará e avaliará os trocos propostos á luz da axuda recibida polo Banco. “

É dicir a modificación do Plan debe ser proposta polo Goberno de España (pola forma verbal utilizada cabe entender que aínda non o fixo). Neste senso despois de escoitada a posición do Director Xeral do FROB, Antonio Carrascosa, que apostou por manter o Plan de Reestruturación no referido ao emprego, temos claro que calquera despedimento ou medida traumática será responsabilidade do Goberno de Mariano Rajoy.  

Sem comentários: