11.3.14

Test de personalidade: presentada denuncia na Inspección de Traballo

Hoxe temos presentado denuncia na Inspección de Traballo ante a realización de test ao persoal, por parte da Area Capital Humano Banesco.

En primeiro lugar  NCG Banco, que ainda é propiedade do FROB,  non contestou aos nosos requerimentos de información, non facilitou un modelo dos Test, nin sequera o tipo de Test utilizados.

Os test realizados formaran parte do expediente laboral e poden contribuir a toma de decisión sobre o futuro laboral de traballadores e traballadoras.

Os Test de personalidade serven para facer unha avaliación das persoas, sobre o seu xeito de comportarse, os sentementos fronte a determinadas circunstancias, as súas actitudes e intereses. Cuestións todas elas que forman parte da privacidade dos traballadores e traballadoras. 

Incluso hai no mercado modelos de Test que detectan posibles enfermidades mentais.

Os  test poden vulnerar dereitos fundamentais, polo que temos solicitado da Inspección que proceda a paralización inmediata e cautelar da realización dos mesmo.

Sem comentários: