Deberían ter xestionado a Entidade nacionalizada evitando o deterioro |
O Plan RA-YA, que ten varias patas (o plan de incentivos, pero tamén a campaña publicitaria), é un plan inadecuado no contido e nas formas que desgraciadamente está chamado ao fracaso. Os acontecementos dos vindeiros meses (aclaracións dos termos do rescate; a cuantía que se precise; o futuro do Bco Gallego, etc) o demostraran.
No propio documento explicativo da caída dos Depósitos, a Dirección non realiza ningún tipo de autocrítica. Din que a culpa é dos medios (de aí a campaña publicitaria), das protestas das preferentes, da situación xeral, etc. Señores da Dirección malia que unha parte dos problemas son herdados (e vostedes permitiron que sigan responsables no organigrama), non é menos certo que no último ano asistimos a un deterioro sen precedentes da situación xeral como empresa. Non todo é imputable ao anterior equipo directivo, vostedes tamén son RESPONSABLES.
E hai tamén responsabilidades políticas no control da xestión das Caixas no seu día, pero tamén do Banco.
O Estado é o máximo accionista da Entidade, correspondíalle ao anterior goberno (PSOE) e ao actual (PP), xestionar a Entidade para evitar o seus deterioro, unha responsabilidade da que abdicaron, poñendo en perigo os nosos postos de traballo.
É mais que cuestionable non ter xestinado as entidades nacionalizadas dende unha óptica pública e territorial, como maior garantía dos depósitos dos aforradores/as e para canalizar directamente o creto ao tecido produtivo. Pola contra, a decisión política foi deixar esmorecer as entidades nacionalizadas nunha longa e lenta agonía, encarecendo o seu rescate.
Sem comentários:
Enviar um comentário