14.8.12

A Fiscalía cita a traballadores/as imputándolle un posible delito de estafa.


A fiscalía está citando a traballadores/as imputándolles un posible delito de estafa, aconsellamos procurar asesoramento legal, dadas as consecuencias penais e laborais do proceso.

Tivemos que ser os representantes legais dos traballadores/as de novagalicia banco, nomeadamente a CIG, os que denunciamos ante a Fiscalía Xeral do Estado as indemnizacións multimillonarias; a baixa valoración da Entidade (que inflúe no valor das emisións de débeda); e a mala xestión (que inclúe a mala praxe na colocación de produtos). A fiscalía a nivel galego nada fixera, mais ala de dicir nos medios que as indemnizacións eran legais.

A estas alturas é preciso lembrar que a única oposición a xestión e as políticas comerciais nos órganos de goberno das antiga Caixas foi a dos representantes dos traballadores/as, nomeadamente a CIG. E fomos nos os que votamos en contra da emisión de nova débeda na Asemblea Xeral de novacaixagalicia.
Agora a Fiscalía a nivel galego por fin decidiuse a actuar, tarde, mal e arrastro e simplemente forzada polo escándalo social e o fixo contra traballadores/as de novagalicia.  Ao noso entender as arbitraxes e a actuación da fiscalía, forman parte dun pacto entre a Xunta de Galicia e a Dirección actual,  para dar saída parcial ao problema das preferentes. 

Aos traballadores/as imputados lle recomendamos procurar asesoramento xurídico propio, acudir acompañados do seu avogado/a particular, dadas as posibles repercusións penais e laborais deste proceso.  Cal será a actuación da Dirección si unha persoa é finalmente condenado por estafa? 

Cada quen é responsable dos seus actos, tamén os traballadores/as, pero insistimos que o responsable da comercialización dun produto aprobado polo BdE e a CNMV, non é o cadro de persoal. Señores da fiscalía, un caso illado pode ser achacado a un mal traballador/a, pero si falamos a venda dun produto a 42.000 persoas esta só pode organizarse a través da estrutura de mando dunha empresa.

As Direccións arruinaron a nosa empresa e puxeron en perigo milleiros de postos de traballo, pero neste asunto a fiscalía nin está, nin se lle espera (cando o principal problemas das preferentes e das obrigas é a situación patrimonial da Entidade).

Por último criticar que os altos directivos responsables da comercialización de preferentes e obrigas, que continúan no organigrama, participaron na decisión de trasladar de xeito obrigatorio (en base aos ERE´s) ao persoal das oficinas mais conflitivas. O que antes eran parabéns, agora son coiteladas polas costas.

Sem comentários: