Protesta laboral nun Starbucks |
A Dirección da Entidade,
empeñada en que a caída da clientela é debida aos traballadores/as da rede de
oficinas, insiste en tratar de “incentivarnos”. Agora no EnfOCados poñen coma exemplo
ás cafeterías Starbucks Coffee, coñecidas pola represión laboral e sindical e
a súas estratexias que moitos consideran abusivas.
EnfOCados, unha nova idea luminosa coas que algúns gañan un bo salario e na que recomendan diferentes lecturas que lembran
moito ao xénero de “autoaxuda”. Dado que a Dirección recomenda lecturas, nos
non imos ser menos.
A prestixiosa xornalista canadense Naomi Klein, que no seu
libro “A Doutrina do Shock” anticipouo proceso que estamos vivindo de recortes e
privatizacións ao abeiro da crise, ten no seu libro “No Logo” un apartado dedicado
á empresa Starbucks Coffee.
A través das súas páxinas poderemos aprender como esta empresa abusa
dos seus traballadores/as; reprime calquera intento de sindicalización; coma
lle rebaixou os salarios mentres medraban os beneficios empresariais; as súas
relacións, non tan idílicas, cos seus provedores do terceiro mundo; ou a súa
política de dumping para eliminar aos competidores. Todo un exemplo de empresa
irresponsable socialmente na que non queremos mirarnos.
En fin Sr. da Dirección deixen de facer que perdamos o tempo, a
clientela agarda nas colas para ser atendida.
Para mais información podes aceder aquí á páxina do sindicato IWW.
Para mais información podes aceder aquí á páxina do sindicato IWW.
Sem comentários:
Enviar um comentário