O pasado día 10 de abril unha manifestación percorreu as rúas de Ourense para reclamar a readmisión do noso compañeiro Alberto Rumbo, inxustamente despedido pola Dirección da empresa. Unha mostra de compromiso solidario nun momento no que é preciso defender todos e cada un dos postos de traballo.
![]() |
Manifestación ao inicio da rúa do Paseo |
O vindeiro día 12 de abril terá lugar o xuízo polo despedimento de Alberto Rumbo, un traballador honrado e mellor compañeiro. A manifestación é a culminación dun conflito que se iniciou pola cerrazón da Dirección da empresa. Cando se despide inxustamente non queda outro camiño na defensa do posto de traballo. Pero tamén é unha defensa da súa dignidade como persoa: cando se despide disciplinariamente de xeito inxusto nunha entidade financeira, se transmite unha imaxe deturpada cara a sociedade poñendo en dúbida a honradez da persoa, nada máis lonxe da realidade.
En nome da CIG e de Alberto queremos agradecer as mostras de apoio recibidas dos compañeiros e compañeiras de Novagalicia Banco que participaron tanto na asemblea e na concentración do día 27 de febreiro, como na manifestación do 10 de abril. Polo camiño quedan outras concentracións en Ourense, así como a inmensa mostra de solidariedade da clientela tanto na concentración do día 8 de marzo en Paderne, como coa masiva recollida de sinaturas reclamando a súa readmisión (asinaron máis de 1.000 persoas).
O despedimento de Alberto é un erro máis dunha Dirección incapaz de rectificar cando se equivoca. Malia que estamos ante un marco laboral feito á medida das empresas en prexuízo dos traballadores e traballadoras, agardamos que a sentenza faga xustiza, por Alberto pero tamén por todos e todas.
Iniciamos o conflito pola súa readmisión cun comunicado que titulamos “Inxusto final laboral para un home honrado e traballador”. Hoxe queremos pechar este comunicado, que non o conflito, co que foi o berro máis coreado nas distintas mobilizacións e por suposto na manifestación:
Alberto Readmisión!!
1 comentário:
Ceibes coma o vento, rebeldes coma o mar, adiante coa CIG!!!!!!!!!
Enviar um comentário