A clientela reaccionou airada, mirade a partir do minuto 2:00
A aparición do Conselleiro Delegado na concentración da clientela na oficina de Moaña, só contribuiu a quentar os ánimos dunha clientela farta de boas palabras e ningún feito. A súa presenza nese acto o día que a clientela conseguia pechar 30 centros de traballo é extremadamente grave e que debe ser explicada ao cadro de persoal.
A situación que vive a entidade, xa van 10 meses á espera da entrada de investidores, é a responsable do corraliño das preferentes. Durante ese tempo os que traballamos en novagalicia vimos como se degradaba a situación da empresa froito dunha mala xestión por parte da Dirección e dun Consello de Administración dominado polo FROB (Ministerio de Economía e Banco de España). Hai quen dinamita dende dentro unha empresa que emprega a mais de 6.300 persoas.
Dende a CIG esiximos unha solución inmediata para novagalicia banco, en beneficio do cadro de persoal, da clientela e de Galiza en xeral. Son os gobernos e os Directivos e os que deben procurala, que para iso cobran salarios multimillonarios, si non son capaces deberían marcharse para casa.
1 comentário:
Un dos afectados define nunha frase a crua realidade:
"Quén nos roubou os cartos ven a rezarnos o rosario".
Que dimitan os responsabels deste roubo, xa que existe ocultación planificada no engano continuado con claro afán de captación de diñeiro.
D I M I S I O N !!!!!!!!
Enviar um comentário