Na reunión que mantivemos no Banco de España o 4 de maio de 2011 con Jerónimo Martínez Tello, Director Xeneral de supervisión do regulador e membro da Comisión Rectora del Fondo de Reestructuración Bancaria Ordenada Bancaria (FROB), esa institución deixou claro que daquela esixía recortes e esixiría recortes no futuro si o estimaba preciso. Temos claro que foi o FROB/Banco de España o impulsor do ERE III, un expediente de regulación de emprego que polo seu alcance supera as necesidades para seguir en solitario.
A cabeza visible da empresa sempre dixo que o ERE III non afectaría en Galiza mais ala dos SSCC, falso, a posibilidade de suspender contratos ao 75% do cadro de persoal é un claro exemplo. Tamén dixemos que este ERE III valía tanto para un roto (seguirmos en solitario) coma para un descosido (ser absorbidos).
Unha absorción vía poxa pública nos situaría nun novo escenario: sobraría o persoal de SSCC e habería novas duplicidades na rede. Así mesmo a posibilidade de optar por prexubilacións para “amortizar” ese excedentes sería practicamente imposible, dado que a maior parte do persoal con mais de 55 anos xa está fora da empresa.
É por iso que o Banco de España esixiu un ERE III que poda afectar ao 75% do cadro de persoal e mobilidade xeográfica absoluta. É un ERE pensado para ser absorbidos por un gran banco español: a Dirección xa fixo o traballo sucio que terían que facer os novos propietarios.
Por outra parte nos procesos que xa están en marcha (BBVA-Unnim) por exemplo) xa está por riba da mesa a intención de recortar salarios ao persoal con convenio de caixas para adaptalo ao da banca privada.
Novagalicia banco debería ter negociado a integración dos plans de pensións, non facelo podería dar lugar a unha posible desaparición dos mesmos pasando a ser un fondo interno. Algúns dos grupos bancarios interesados na adquisición de novagalicia teñen fondos internos (Santander/Banesto). Legalmente si novagalicia fora integrada en calquera desas entidades existindo un plan de pensións externo, podería obrigar a exteriorizar os compromisos en materia de previsión social dos traballadores/as deses bancos, algo que dificilmente poderían asumir esas entidades.
A situación é grave, o cóctel absorción/ERE III é unha mestura explosiva. Neste senso a CIG como non asinante dese ERE se reserva as medidas legais que estime oportunas en defensa dos postos de traballo e das condicións laborais. É un camiño no que estamos traballando arreo.
1 comentário:
Nova definición da RAE:
Eremita: 1.m., dícese del que cree que firmando un ERE tras otro se solucionan las cosas. Vulgarmente CCOO y UGT.
Enviar um comentário