17.7.11

Nova foto de Gayoso, Pego e Caballero

Cada vez que Gayoso, Pego e Caballero se reunen ante os focos dos medios, unha parte importante do cadro de persoal sintese molesta.

O discurso de Abel Caballero, insistindo en que a mala situación financeira era exclusiva de Caixa Galicia, mentres que Caixanova estaba perfectamente xestionada, é unha taboa de salvación para Gayoso e Pego.  O discurso cainita (localista) de Abel, permite a un e outro presentarse como vítimas e polo tanto os lexitima para seguir na dirección da caixa, do banco ou da Comunidade de Veciños (o importante é seguir coma o coelliño de Duracell).

Pero o que está pasando no Banco Gallego, no que Caixanova era accionista maioritario, é un calco dos problemas e situación das Caixas: unha expansión ligada ao ladrillo que agora é un lastre; que obriga hoxe á venda de participadas e edificios para salvar o exercicio. E dado que tanto falan da galeguidade do novo banco, lembrar que o vello banco participado (o Gallego) trasladou os servizos centrais da Coruña a Madrid (como deslocalizaron o CPD de Caixanova a Madrid estes "vigueses" de pro). 

Por outra parte o aval fotográfico de Gayoso e Pego permitelle a Caballero presentarse como o defensor da Caixa ante os vigueses, cando a realidade é outra: as caixas desaparecen privatizadas polo PSOE. 

Uns e outros se retroalimentan interesadamente, pero nin Caballero pode borrar os erros na xestión de Gayoso e Pego, nin estes poden borrar que foi o PSOE (co aval do PP) quen entregou as Caixas de Aforros aos especuladores a prezo de saldo.

2 comentários:

O verdugo (non o río) disse...

Vigo gañaría se morreran os catro da foto.

Anónimo disse...

Estas equivocado meu, que morran so os tres cínicos ligados á Caixiña viguesa. Que non son quen de chegarlle ó zapato a Castellano.... Q digan a verdade da situacion de caixavigo e mais o bco galego. Cando vigo teña un xestor entre os 25 mellores do mundo (revista fortune) igual poden falar

Gaioso marcha para o xeriatrico