As Direccións das Caixas excluíron á CIG de facto das mesas de negociación do Convenio Colectivo e da mesa de negociación do Acordo de Traspaso ao Banco, para negociar despedimentos e recortes sen testemuñas molestas.
No século XVIII a monarquía, ante o descontento popular, agochou o seu carácter absolutista cun novo sistema: o despotismo ilustrado, "todo para o pobo, pero sen o pobo". Nestes momentos de crise xurde un novo modelo laboral o despotismo sindical (que ten pouco de ilustrado).
Os novos déspotas restrinxen o dereito dos traballadores e traballadoras a participar na vida sindical, a estar debidamente informados das negociacións e a ser participe da decisión de asinar ou non asinar os acordos.
No Convenio Colectivo hai unha mesa de negociación extra-oficial da que as Caixas excluíron á CIG (non gustou que nos nosos comunicados informásemos do tratado nas mesas do Convenio). Lamentablemente esa decisión empresarial de excluír á CIG contou coa complicidade de CCOO, UGT, CSICA e CIC (Asca).
Na negociación do Acordo de Traspaso ao banco a Dirección decidiu excluír á CIG e a CGT (non gustou que informásemos de que se están negociando despedimentos vía ERE). Esa exclusión contou tamén coa complicidade de CCOO, UGT, CSICA e Asca.
Negocian entre 300 e 400 despedimentos coa indemnización legal mínima para os improcedentes (45 días por ano traballado)
Quizás teñen claro todos que a CIG non negocia despedimentos inxustos e recortes laborais, polo que decidiron non contar con nos. E mais adiante cando a Dirección despida dirán que "no aplica correctamente los acuerdos", como xa fixeron en Cajasur, si non ao tempo.
Polo pronto tomaremos as medidas oportunas fronte á exclusión e moito mais contra os despedimentos.
1 comentário:
A primeira dentellada do tiburón, e como non pode ser de outro xeito,coas rémoras dos "sindicatos" asinantes ao seu lado. Xa estamos no bombo. E quenes van ser os "voluntarios" para asinar e largarse con 45 días por ano traballado? Coño, que den exemplo as rémoras do gran tiburón e que se larguen dunha vez. Son os "Messi" do sindicalismo, sempre defendendo o seu e nunca o dos traballadores, UNS FENÓMENOS !!!
Ao loro que o tiburón vai seguir dando dentelladas, e cando proba a sangue, loquea.Lembrade que na primeira xa proba a sangue de 300 ou 400 familias.
Enviar um comentário