13.7.11

Quenes son os mentirosos?

A CIG mobilizouse contra os recortes e despedimentos
CCOO acusou á CIG de mentir e querer atemorizar ao persoal cando a saída da reunión do día 22 de xuño advertíamos que por riba da mesa de negociación estaba a posible concreción da nova reestruturación a través dun ERE. Tal e como dixemos o tempo pon a cada quen no seu sitio.

O Faro de Vigo e La Opinión da Coruña publicaban o 12 de xullo que a Dirección e algúns sindicatos negocian 320 baixas incentivadas, 320 despedimentos pagados. Noticia que RRHH non quixo confirmar, nin desmentir.
A conxunta foi só contra os recortes, casual?

A lexislación establece que cando nun prazo de 90 días os despedimentos nas empresas de mais de 300 traballadores/as superen os 30, deberan tramitarse como despedimentos colectivos exixindo a tramitación dun E.R.E.

No seu día a Dirección foi clara: ou recortes salariais ou despedimentos.

A CIG mobilizouse en solitario cun lema claro na pancarta:polo mantemento dos postos de traballo e as condicións laborais. Concentrámonos conxuntamente "contra os recortes salariais", mal sabíamos que cando non quixeron incluir na pancarta un texto contra os despedimentos era por que estaban dispostos a aceptalos.

Agardamos que sexan claros e deixen de mentir e agochar a verdade aos afectados/as, nos imos coa verdade por diante.

1 comentário:

E-Ostias disse...

O brote de Escherichia coli enterohemorrágica (EHEC, por sus siglas en inglés)E-COLI no referido aos pepinos de Alemania ten de diferencia que eiquí a bacteria chámase E-RE o que motiva que o tamaño dos mesmos sexa moito maior, co cal ao ser introducido no cú dos empregados nos revente.