11.3.11

O Banco de España tamén trasmite incerteza entre a clientela.

Si a actuación do Goberno Central, anunciando o 24 de xaneiro en rolda de prensa o Decretazo Privatizador, foi unha actuación inédita e claramente irresponsable. A actuación de onte do Banco de España, facendo públicos datosdas entidades financeiras, centrados ademais só nunha parte da solvencia, segue a mesma vía.

Este tipo de anuncios vía prensa provocan incerteza entre a clientela e minusvalora os activos das entidades que forman parte da lista negra do imprensentable Miguel Angel Fernández Ordoñez.

Non é de recibo un stripteas público do sistema financeiro, que lembra aos concursos de "miss camiseta mollada" e moito menos que só se obrigue a despelotarse a algunhas entidades para poñelas na picota,. Xa postos o público debería coñecer entre outras cuestións as provisións e saneamentos de cada quen, ou os vencementos cara os vindeiros anos.

Sem comentários: