Onte saimos novamente a rúa en contra da privatización da Caixa, delegados/as da CIG en novacaixagalicia estivemos presentes na manifestación que co gallo do 10 de marzo, día da Clase Obreira Galega, convocou a nosa organización contra o Pacto Social.
A pancarta está amortizada, e o vindeiro día 13 de marzo estaremos na manifestación de Santiago, pero seguiremos coas mobilizacións en defensa da Caixa e do emprego.
O 13 DE MARZO ÁS 12 HORAS NA ALAMEDA DE SANTIAGO, MANIFESTACIÓN NACIONAL EN DEFENSA DO AFORRO, DO EMPREGO E DO PAÍS.
Sem comentários:
Enviar um comentário