Cando o goberno central anunciou o 24 de xaneiro que modificaría a lexislación das caixas de aforros para "rematar coas restriccións ao creto", dende a CIG anunciamos que tería o efecto contrario.
Agora o Banco Central Europeo acaba de anunciar que a Lei de Privatización das Caixas restrinxirá o creto a empresas e familias, afectando á economía.
O goberno privatiza as caixas empeorando incluso a situación económica. Unha privatización que só beneficia aos especuladores internacionais.
Sem comentários:
Enviar um comentário