13.1.11

Fiscalidade das prexubilacións (I): indemnizacións ata 42 mensualidades

Todo o mundo ten claro que a indemnización de despedimento como prexubilación xira sobre o 98% do salario neto; só nun caso dos que temos analizado coincide co 85%. O importante polo tanto é o calculo da fiscalidade.

Hai que dicir que todos os números realizados ata o de agora son previsións. No momento da saída da empresa é cando se recalcula a indemnización que corresponde caso por caso de xeito individual. Así está sucedendo coas saídas actuais
.

Hai situacións que a caixa non inclúe para calcular a fiscalidade das previsións que está realizando: pensións compensatorias, pensións alimenticias, desgravación por familia numerosa, desgravacións por minusvalía, etc. Iso é debido a que hai persoal que non comunicou esas situacións a RRHH. Debedes facilitar toda esa información canto antes.

Tamén temos atopado nas previsións, erros no cálculo da prestación por desemprego. Podedes facer a simulación na páxina “Redtrabaja”.

Insistimos novamente nas seguintes recomendacións:

Con carácter xeral, é positivo calcular a retención do IRPF mínima que corresponde, xa que ao calcularse a prexubilación sobre o salario neto, reducir a retención incrementa o que se percibirá como indemnización.

Para iso, podedes descargar gratuitamente o programa de retencións da páxina “Retenciones 2011”. É bo facelo xa que podedes ter circunstancias familiares ou económicas que vos beneficien e que ata o de agora descoñeciades. Pensade que, rebaixando a retención fiscal, increméntase a indemnización.

-Persoas con indemnizacións ata 42 mensualidades de salario:

Conforme á fiscalidade das indemnizacións vía ERE, esta exenta a indemnización de 45 días traballados ata un tope de 42 mensualidades.

Aqueles casos nos que a suma do que se perciba da Caixa durante os anos de prexubilación, non chegue ás 42 mensualidades (con carácter xeral, depende dos anos traballados), toda a indemnización que perciban estará exenta.

Modificade a vosa retención se é posible legalmente, para incrementar a prexubilación. Podedes facelo a principio de ano.

Sem comentários: