Na asemblea participaron mais de 1.500 persoas |
O xoves 13 de Xaneiro a FOLGA XERAL convocada pola CIG para o 27 de XANEIRO "contra a reforma das pensións e polo emprego", recibiu un novo pulo coa celebración dunha asemblea nacional de delegados/as en Santiago.
Os delegados/as da CIG en novacaixagalicia participamos na Asemblea na que houbo numerosas intervencións.
Os traballadores e traballadoras de novacaixagalicia temos motivos de abondo para ir a FOLGA XERAL: contra a reconversión e privatización da Caixa de Aforros; contra a reforma laboral, o ERE foi aprobado grazas a modificación legal; contra a reforma das pensións, que afectará aos que marcharan e aos que quedamos; contra a reforma da negociación colectiva que pretende que cando remate a vixencia do Convenio (este ano toca no noso sector) perdamos os dereitos adquiridos; e contra a suba dos servizos básicos. Si alguen ten motivo para parar somos nos.
Sem comentários:
Enviar um comentário