![]() |
De que rín? de que eles non se van ao paro. |
Si estas interesado no posible acollemento á prexubilación, en primeiro lugar diríxete á empresa, pero facendo constar que tes interese en recibir información sobre as condicións, sen que iso implique ningún tipo de compromiso pola túa parte.
Unha vez recibida a documentación facilitada pola empresa, asesórate, consulta e agarda antes de contestar. Os delegados e delegadas da CIG estamos a túa disposición para asesorarte naquelo que precises.
Insistimos que non hai que contestar de xeito inmediato, sen ir mais lonxe o goberno do PSOE puxo como prazo para a contrareforma das pensións o 28 de xaneiro de 2011. Malia que con posterioridade a contrareforma será debatida en sede parlamentar, podendo ser empiorada como aconteceu coa reforma laboral. Ata non coñecer o contido real da reforma das pensións non se poderá valorar como afecta ao persoal afectado polo ERE.
Neste senso lembrar que a Dirección de novacaixagalicia non admitiu clásulas de garantía para asumir eles o custe das posibles contrareformas das pensións, da fiscalidade dos ERE´s ou das prestacións de desemprego, dixeron que non podían asumir garantías sen coñecer o seu custe . Pretenden traspasarnos a incertidume económica das prexubilacións, que as asumamos os traballadores e traballadoras (que por certo non recibimos axudas públicas).
Lembrarvos con carácter xeral a importancia de participar nas mobilizacións e convocatorias que realiza a CIG contra a reforma laboral e das pensións. Debemos parar os recortes sociais, a desregulación laboral e os procesos de privatizacións. Parar as contrareformas é a mellor garantía para o persoal afectado polo ERE e para o que continúe en activo.
Por último lamentar que o anuncio por parte da empresa ao persoal prexubilable foi realizado de xeito unilateral sen informar previamente a toda á representación sindical. Soubémolo polo Portal e non recibimos ningunha explicación sobre a documentación que remitirán, menos mal que a cúpula directiva comprometeuse a ser transparente durante todo o proceso.
1 comentário:
Canto lle pagades a RRHH por publicitar o voso blog no foro que crearon para informar aos prexubilables?
No de caixa galicia fanvos publicidade contestando ao que dicides.
Creo que o de caixanova tamén o inaguraron así, a primeira pregunta foi sobre a fiscalidade das indemnizacións.
Enviar um comentário