![]() |
Dirección Xeral de Seguros |
Para evitar posteriores sorpresas fixemos unha consulta á Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións, organismo que debería fixar o criterio definitivo.
Conforme ao artigo 9 do RD 304/2004 o persoal desempregado (entendido conforme ao artigo 208 da Lei Xeral da Seguridade Social) ao esgotar as prestacións e sempre e cando continuen en situación de desemprego tería dereito de xeito ao rescate.
Agora ben, o artigo 2081.2.1 establece que non se considerará como situación de desemprego cando os traballadores e traballadoras cesen voluntariamente no traballo. Entendemos que a sentenza da sala do social do Tribunal Supremo de 26 de outubro de 2006 establece nun caso semellante que malia que as prexubilacións son voluntarias, o cese non o é. Ao ser un caso análogo podemos entender que no caso do persoal afectado polo ERE hai cese, é dicir que si que habería situación de desemprego.
Para evitar sorpresas de interpretación posteriores dende a CIG temos formulado unha consulta á Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións. Unha vez teñamos contestación faremola seguir a maior brevidade posible.
2 comentários:
O outro día cando vin o articulo anterior pregunteivos si podia ou non retirar o fondo, que non o tiña claro. Agora entendo que non contestárades.
Que se pringue a Dirección esa, que a estas alturas son dos que non me fío de naide.
La caja dirá lo que quiera, yo no soy abogado pero los artículos a los que haceis referencia son claros. Buceando por internet vi que están en vigor y si el decreto ese es del año 2004 y ley en la que se basa la caja es anterior creo que la cosa está clara.
Enviar um comentário