![]() |
Cola no servizo galego emprego |
Malia que na Comisión de Control dos respectivos Plans de Pensións se ten abordado a posible retirada dos plans de pensións nos casos das persoas que extingan os seus contratos a través do Expediente de Regulación de Emprego, pensamos que conven clarificar o que di a lexislación ao respecto e os requisitos establecidos, para rematar co ruxerruxe e as especulacións.
O Real Decreto 304/2004 no seu artigo 9, abriu a posibilidade de rescate en caso de paro ou enfermidade grave cando o contemplen as especificacións. Ese artigo do decreto fai referenza ao artigo 208 da Lei Xeral da Seguridade Social para describir a situación de desemprego.
Polo tanto os plans poden ser rescatados estando en situación de desemprego unha vez esgotadas as prestacións (en contra do afirmado por algúns nas asembleas) e como requisito no momento de realizar a solicitude habería que estar anotado como demandante de emprego no servizo público de emprego correspondente.
Conforme ao mesmo artigo da Lei Xeral da Seguridade Social non ten a consideración de desempregado quen non acredite a súa dispoñibilidade para procurar activamente emprego e para aceptar colocación adecuada. Si se rexeita unha oferta de traballo ou un curso non habería posibilidade de socilitar a liquidez do plan de pensións, xa que perderías a condición de demandante de emprego.
En canto ao prazo no que debe abonarse un plan de pensións hai unha consulta contestada pola Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións de 9 de outubro de 2009, na que o organismo entende que será o mesmo prazo contemplado para o pago das prestacións do plan por continxencias.
1 comentário:
Gracias pola aclaración. É moi interesante como o das 25 preguntas.
Enviar um comentário