9.12.10

Ascenso ata nivel VI (antigo oficial superior)

Mobilización dos auxiliares caixas
Durante 22 anos non existiu no Convenio de Aforro un sistema de ascensos por antigüidade; houbo incluso persoas que se xubilaron coa categoría de “Auxiliar A”. Realizaban o mesmo traballo que un oficial superior,
pero cobraban 6.000 euros menos ao ano.

Ante esta situación, a CIG, ao fío dunha sentenza xudicial, puxo en marcha no ano 2002 unha campaña de denuncias e mobilizacións polo dereito ao ascenso ata Oficial Superior. Afiliados da CIG deron a cara demandando individualmente ás Caixas, sentando as bases para conseguilo. Algúns poden marchar co ERE.

Froito desa campaña, no Convenio Colectivo Estatal do ano 2004 creouse un sistema de ascenso por antigüidade ata o nivel VIII.

Continuamos daquela reivindicando o ascenso ata nivel VI e así, no ano 2007, asinamos un acordo con Caixa Galicia no Ministerio de Traballo que recollía a nosa reivindicación histórica. Froito dese acordo máis de 350 persoas ascenderon xa a nivel VI (antigo Oficial Superior) despois de anos de espera.

A eliminación do ascenso ata nivel VI no pacto laboral coincidiu co 8º aniversario da “Marcha de Ascenso a Pena Trevinca”, un acto reivindicativo no que “auxiliares administrativos” de Caixa Galicia e Caixanova ascenderan coa CIG á montaña máis alta de Galiza no ano 2002, despois de horas de dura andaina. Foi un acto simbólico e cheo de solidariedade.

No acordo laboral da fusión contemplan que de xeito transitorio seguirán en vigor as dúas carreiras: a de Caixa Galicia, ata nivel VI por criterios obxectivos, e a de Caixanova, que ten como base as antigas oposicións de ascenso e informes dos xefes directos.

Ceder dereitos total ou parcialmente non é negociar, nin é conquistar nada, é que os traballadores e traballadoras perdan. É doado que non pensen na carreira profesional quen durante 22 anos non se lembraron dela; nada fixeron para conseguila, nin nada farán para recuperala.

No ano 2002 iniciamos unha longa loita para conseguir o ascenso a oficial superior (nivel VI), unha loita que retomamos. Non admitimos recortes despois do duro camiño percorrido.

2 comentários:

Non pode marchar quen nunca estivo disse...

Hai que dicir todo compañeiros, os que reclamaron nos xulgados contra caixa galicia abrindo a porta do ascenso foi xente da CIG de Pontevedra e Ourense.

De Lugo e a Coruña non reclamou nin o primeiro, nin asistiron ás mobilizacións de apoio dos que foron a xuizo (e houbo unhas cantas), nin a nada.

Anónimo disse...

Tránsfugas sen fronteiras: estaban saíndo pola porta e xa envian comunicados bilingües (eso si primeiro en español i en galego por abaixo). Son o brazo sindical de Galicia Bilingüe.

Quen renuncia á defensa do idioma a que non renunciará.