13.6.14

CCOO débelle unha explicación ao cadro de persoal e á sociedade



Hoxe os xornais Faro de Vigo e La Opinión de a Coruña, publican senllas reportaxes sobre o salario do exdirector de Caixa Galicia José Luis Méndez López, sobre como consolidou parte do salario variable como salario fixo cando o Banco de España lle indicou que cobrar un 145% de variable era excesivo, e da súa indemnización por causar baixa na empresa por xubilación (independente dos 15 millóns de euros que cobrou do Plan de Pensións). Isto tería sido aprobado polo Consello de Administración de Caixa Galicia.

Demandamos das persoas que integraban o máximo órgano de goberno da Caixa de Aforros de Galicia, algunhas delas relevantes cargos políticos como Mar Barcón, Salvador Fernández Moreda (ambos do PSOE), Javier Caínzos e Mauro Varela (ambos do PP), que expliquen cal foi o seu voto ante as propostas do daquela Director Xeral.

No mesmo senso i en maior medida demandamos que as persoas que integraban o Consello de Administración en representación do persoal, nomeadamente Regueiro de CCOO (que ademais foi un dos asinantes de todos e cada un dos Expedientes laborais posteriores) expliquen ao cadro de persoal cal foi o seu voto.

A propia situación da Entidade, que estaba en quebra técnica, así coma as políticas comerciais e laborais impulsadas por José Luis Méndez, xustificarían por si solas o voto negativo. 

Queremos lembrar que no ano 2011 e conforme tivermos coñecemento pola prensa das indemnizacións cobradas por outros ex-directivos a CIG presentou unha denuncia diante da Fiscalía Xeral do Estado. CCOO debe aclarar si coñecía a actuación dos conselleiros en representación do persoal e si foron complices no cobro da indemnización por parte de José Luis Méndez López.

Por último seguimos demandando que todas as persoas que formaron parte dos Consellos de Administración asuman as súas responsabilidades na quebra das Entidades.

1 comentário:

Anónimo disse...

Coido que ese é o camiño, valente, loitador e xusto.