14.5.14

Non queren para si mesmos, o que aceptan mansamente para os demais.

Son mais falsos que un billete de 30 euros

En relación á acusación de querer xudicializar as eleccións sindicais, aclarar o seguinte:

-A CIG non presentou ningunha impugnación contra ningún preaviso.
-A CIG non presentou tampouco ningún tipo de recurso ou demanda xudicial.

Preavisamos unhas eleccións conforme a dereito, tal e como estableceron os Laudos Arbitrais.

-UGT presentou 5 impugnacións aos 4 preavisos electorais realizados pola CIG. Unha por cada provincia e unha xenérica.
-UGT recorreu xudicialmente o Laudo de Ourense (o de Pontevedra non tiveron tempo de recorrelo xudicialmente).

O único sindicato que optou pola xudicialización das eleccións sindicais foi a UGT e os seus complices habituais de tropelías (CCOO e CSICA).

Nos convocamos eleccións en defensa dos dereitos dos traballadores e traballadoras ante a decisión que poda adoptar Bruxelas e ante a negociación laboral de integración no Etcheverría. 

Na súa nota do 8 de maio din: "UGT, CCOO y CSICA hemos llegado a un acuerdo para hacer un calendario acorde con los derechos de TODOS los delegados". Non querían eleccións para que os seus delegados/as, que podían non ser relixidos, manteñan amparo legal fronte a aplicación das medidas contempladas no ERE que eles asinaron. 

Non queren para eles, o que aceptan que se lle aplique ao resto do cadro de persoal. Moi bonito!!.

Sem comentários: