O Acordo do ERE IV da todo o poder á empresa para establecer as reducións de xornada e as xornadas partidas ao seu antollo, sen criterios claros, únicos e transparentes. A empresa decide e executa. Sabemos que esta situación está xerando moita incerteza, pero é o que buscan.
Malia a opacidade por parte da empresa, que só pasou información aos sindicatos “firma ERE¨s”, xa coñecemos o número de persoas con xornada partida; e con reducións de xornada e salarios en cada unha das oficinas que abrirán polas tardes.
Dicir que a “voluntariedade” está viciada, queren incluír a persoas que tiveron un posto de responsabilidade (Dirección, subdirección, etc) e que se viron afectadas en anteriores procesos de reestruturación (hoxe son xestores comerciais), coma un xeito de “adecuar sus salarios a sus funciones actuales y al mercado”, ou “arriesgarse a medidas peores”.
No ERE IV, que impugnamos, incluíron a apertura de oficinas polas tardes, unha medida que tal e como expoñemos na impugnación non reduce o número de persoas afectadas polos despedimentos e non debería ser tratada nun Expediente de Despedimentos Colectivos. Haberá oficinas que abriran polas tardes nas que non haberá persoas con xornada reducida, o que demostra que tiñamos razón. Ademais foi unha cesión a cambio de nada (ou de determinadas prexubilacións ad hoc).
Libranza: O ERE IV di que “salvo acordo co traballador”, as libranzas as decidirá a empresa. Pretenden que na xornada do 80% se traballen 4 días á semana e 8 días máis ao ano; na xornada do 66% que se traballen 4 días á semana e que se libre tamén un día ao mes (podedes ver o cadro adxunto coa proposta da empresa). Recomendamos ás persoas interesadas en aceptar unha redución que propoñan os días que prefiren librar semanal e/ou mensualmente.
Pd. Parece ser que hai despedimentos forzosos na zona non core ao abeiro do ERE IV sen que pase nada. Un mal precedente, pero aquí se hai despedimentos haberá conflito.
Sem comentários:
Enviar um comentário