O Goberno Central aprobou un novo paquete de reformas laborais que teñen unha gravísima incidencia no mundo do traballo e nomeadamente no sector financeiro. As Entidades Financeiras foron as máximas beneficiarias da reforma laboral, facilitando despedimentos colectivos e abaratando os seus custes. As novas reformas agravan esta situación.
Xubilación anticipada involuntaria: As persoas despedidas con máis idade son as que teñen mais difícil a reinserción no mundo laboral, e agora terán aínda máis obstáculos para acollerse á xubilación anticipada. Increméntase o custe das prexubilacións vía ERE ,que se están utilizando en todos os sectores en crise, tamén no financeiro.
Poderá realizarse con 4 anos máximo de anticipo sobre a idade de xubilación que corresponda en cada caso. Modifícanse tamén os coeficientes redutores.
Subsidio desemprego para maiores de 55 anos: Na anterior reforma subiron de 52 a 55 anos a idade de percepción, agora eliminan o cobro en base aos ingresos da unidade familiar. É unha medida que penaliza as persoas con máis dificultade a hora de atopar traballo.
Endurecemento dos ERE: Ante calquera expediente de Despedimentos Colectivos os sindicatos tratábamos de incluír voluntariamente ao persoal maior de 55 anos, incrementando a indemnización, implantando así prexubilacións ou sistemas semellantes menos traumáticos. Coa reforma penalizan as prexubilacións polo que haberá máis despedimentos e centraranse no persoal menor de 55 anos.
Impacto dende perspectiva de xénero: O Tribunal Europeo tiña ditado sentenza declarando discriminatorio o modo de cálculo das prestacións nos contratos a tempo parcial. Malia esta sentenza, o PP endureceu agora os criterios para aceder ás xubilacións no caso das mulleres con contratos a tempo parcial.
MOBILÍZATE COA CIG: CONCENTRACIÓNS
Ás 20:00 horas: En A Coruña, na Subdelegación Goberno; Compostela. na Praza do Toural; Ourense, diante da Subdelegación do Goberno; Pontevedra, na Praza da Peregrina;Vigo, na farola da Urzaiz.
Ás
19:00 horas: Ferrol, na Praza do Concello
Sem comentários:
Enviar um comentário