30.5.12

Posible absorción Banco Gallego por novagalicia banco.

Onte o Banco Gallego informou ao seu persoal a través dunha nota informativa sobre as tres vías de futura para a entidade, que está participada por novagalicia banco nun 49%. A Entidade xa ten convocado a Xunta de Accionistas.

Unha das alternativas é a posible absorción e integración en novagalicia banco, outra conseguir incrementar o capital en 290 millóns de euros. Entendemos que ise é o motivo polo que Dirección de novagalicia valora un cuarto ERE. Si hai integración o "excedente" de persoal será maior do previsto e aproveitaran para novos recortes.

Non é unha nova que nos colla por sorpresa, o ruxe-ruxe era permanente e foi un dos motivos para mobilizarnos cos compañeiros/as do Banco Gallego ante a Xunta de Galicia para esixir unha solución global. Tamén preguntamos polo Banco Gallego na reunión con Enrique Tellado.

Non podemos esquecer que no Consello de Administración do Banco Gallego estaban os Gayoso, Pego, Oscar Rguez Estrada...a súa mala xestión é evidente non só en Caixanova (que ademais gardaba baixo da alfrombra a crise das preferentes) si non tamén no Banco Gallego. Evidentemente Caixa Galicia estaba mal, pero Caixanova tamén, por moito que minta o tal Abel Caballero.

Hoxe mesmo "El País" informa sobre a posible absorción.


Sem comentários: