30.5.12

Indemnizacións de 33 millóns de euros por xubilación ex-directivos: entregada carta para o Consello de Administración

A túa (indemnización) é mais pequena que a miña.
Hoxe foi entregada ao Presidente da Entidade unha carta dirixida ao Consello de Administración de novagalicia banco (no que están presentes o Ministerio de Economía e o Banco de España) para reclamar que se tomen medidas que impidan o pago de 33 millóns de euros por compromisos en materia de xubilación de 4 ex-directivos.

Solicitamos que cando menos se solicite un informe legal sobre a posibilidade de negociar un acordo colectivo que limite os futuros pagos a estas persoas que entendemos son responsables da situación actual da Entidade.

O pago das indemnizacións por prexubilación causaron alarma social e unha caída de depósitos e a Entidade recibiu e recibirá axudas públicas mentres a sociedade padece recortes sociais, non é de recibo que cobren de novo.

En todo caso quedamos á espera das posibles actuacións por parte da Dirección, lamentar que unha vez mais teña que ser a CIG a que de pasos, ante a pasividade complice doutros.

Sem comentários: