7.3.12

A Dirección empiora a súa proposta inicial

O día 6 a Dirección deu por rematado o período de negociación informal, dando así cumprimento ao establecido no Convenio Colectivo e anunciou que nos vindeiros días recibiremos unha convocatoria formal para comezar a tramitación dun novo ERE. A súa proposta empiora a anterior.

En primeiro lugar a CIG está pola Unidade Sindical, onte aproveitando un receso na mesa, reiteramos na necesidade da Unidade, concordamos 4 organizacións sindicais, unha opúxose e outra gardou silencio. Si non hai unidade é porque os que negocian as agochadas non queren ir co resto.

En relación á proposta da Dirección, nos queremos a máxima transparencia na negociación, xa que pensamos que esta favorece aos traballadores e traballadoras que tedes dereito a estar informados, participar e decidir. Tedes a vosa disposición a proposta da empresa no noso espazo en Internet.

Como valoración dicir o seguinte:

  • A proposta actual mellora levemente a indemnización do persoal afectado polo peche de oficinas fora de Galiza. (Pasa de 33 días por ano traballado a 45 días, o tope que non afecta a case ninguén fora de Galiza xa que teñen poucos anos de servizo, pasa de 24 mensualidades a 30 (cun máximo de 150.000 euros).
  • Esta “mellora” nas indemnizacións fora de Galiza faise:
  1. Empiorando as indemnizacións das baixas: As novas baixas incentivadas son piores que as anteriores, a indemnización é de 45 días por ano traballado cun tope de 30 mensualidades ou 150.000 euros. Para os maiores de 55 anos a empresa cotizaría ata os 63, sempre que non superen o tope de indemnización. (Para maior afondamento ver a proposta completa.
  2. Aumentando os recortes salariais. Na primeira proposta ían dun 4% ao 20% do salario bruto e supresión da antigüidade nas pagas extras. Pasan agora a recortes dun 5,25% ao 30%; manteñen a supresión da antigüidade nas pagas extras e inclúen a non realización do 5% das achegas ao plan de pensións.
Para os salarios medios, os situados entre os 25.000 euros e os 40.000 o recorte é do 5,25%; e para os situados entre os 40.000 e os 55.000 o recorte proposto é do 9%, que sumado á conxelación salarial establecida no Convenio Colectivo, á supresión dos trienios nas extras e ao recorte das achegas ao plan suman un recorte salarial do 20% para este ano 2012. BRUTAL.

En todo caso a Dirección pretende impoñer despedimentos e recortes aproveitando a reforma laboral, contra a que a CIG xa ten convocado

MANIFESTACIÓNS 10 DE MARZO EN TODAS AS CIDADES GALEGAS
29M FOLGA XERAL
8 DE MARZO CONCENTRACIÓN NOVAGALICIA EN  PADERNE
 POLA READMISIÓN ALBERTO RUMBO.
Estamos con quen queira defender o seu posto de traballo.

1 comentário:

cabreado disse...

No la empeora la empresa, la empeoran los que negocian por atras: CCOO, UGT, CSICA.