2.2.12

Non vai Galicia banco

Os Hedge Funds, coñecidos como fondos voitre, son caza oportunidades, mercan empresas en crise baratas e as reestruturan para vendelas caras.

Caixa Galicia e Caixanova estaban en crise (ambas estaban mal, a avarenta dirección de CN só quería mante o chiringuito, refinanciando morosidade para non recoñecela ou tapando buratos por conta da clientela como demostra a mala praxe na comercialización de preferentes).  Mais baratas non poideron ser vendidas, foron de balde, despois dunha escandalosa valoración á baixa.

A reestruturación está en marcha, a dirección xa confirmou que continuará coa negociación do ERE  malia a incerteza sobre o futuro. Traballo feito non mete presa, os fondos norteamericanos reclaman recortes para entrar e si somos subastados polo goberno amigo o Botín de turno terá parte do problema laboral solucionado. Despedir traballadores/as "vale tanto para un roto coma para un descosido" que dicia a miña nai.

Novagalicia banco será reestruturada, o aquel é cando será vendida, a quen pouco importa. Hoxe como lembra permanentemente Castellano non é momento de vender. O pelotazo pode vir si o proxecto atura a treboada (deixando milleiros de cadáveres laborais polo camiño) para vender caro no futuro.

José María Castellano non é Edward Lewis, o executivo dun fondo de investimentos que representa Richard Gere na comedia-romántica Pretty Woman, a nosa historia non terá final feliz.

2 comentários:

Anónimo disse...

E os causantes deste 'terrorismo laboral' tranquiliños nas suas casas contando os cartiños recibidos coma premio a os seus actos de terror. Que tristura

Chocosdaría disse...

Din que este Castellano é moi listo. Pois para ser tan listo rodeouse dunha pandilla de ineptos e de chupopteros e colocounos a mandar. Mal o vexo coma non se cargue toda esa calaña de lagartos Arnaus.
Caminante no hay Camino, se hace Camino al andar y al volver la vista atrás miras 600 Banestos que no valen pra ná.