8.2.12

A empresa entrega o plan de acompañamento social: Esto é o período de consultas

A Dirección achegou, na pasada reunión do día 7 de febreiro, o que denominan “Plan de medidas de acompañamento social”, a primeira parte denominada “Memoria de causas económicas, organizativas e produtivas”, a segunda denomínase “Medidas extintivas de contratos de carácter inmediato” e a terceira “Medidas de ahorro de costes y gestión gradual del excedente dirigidas a reducir o paliar los efectos de la extinción de contratos”. A documentación entregada forma parte da que legalmente deben presentar as empresas en caso de ERE, malia que incompleta. Estamos no período de consultas? Din que non, pero moito nos tememos que quererán que rematemos a negociación o 7 de marzo, con acordo ou sen el.

As medidas concretas propostas pola dirección son:

Rede oficinas

-Peche de 150 oficinas que cualifican de non rendibles, cun “excedente estrutural” de 450 persoas. Polo que propoñen abrir algunha oficinas polas tardes, recolocando a 50 persoas. Extinción de contratos non voluntaria con 33 días de salario por ano, cun máximo de 2 anualidades, malia que manterán aberto o ERE con 45 días de indemnización ata o 31 de marzo de 2012. Tamén mobilidade xeográfica. As medidas de extinción terán que estar executadas a 30 de xuño de 2012.Por certo a indemnización de 33 días máximo 2 anualidades coincide coa que baralla introducir o PP na reforma laboral.

Servizos Centrais

-Suspensión de contratos de 250 persoas en SSCC; o número de suspensións será reducido polas persoas de SSCC que se adhiran a unha baixa incentivada; extinción de contratos por baixa indemnizada para 250 persoas de SSCC; redución de xornada no 20% do cómputo anual para ata 50 persoas de SSCC.

Medidas de redución de gastos

Redución salarial para todos os empregados/as cun salario anual superior aos 25.000 euros de entre un 4 e un 20%. Non se pagará antigüidade nas pagas extras. Transformación do sistema de prestación definida no sistema xeral de achega definida (eliminan o Subplan I). Supresión do economato laboral. Mobilidade xeográfica cando a extinción de contratos xere vacantes ¿? A inaplicación do Convenio en materia salarial non é un invento da dirección de Novagalicia Banco, é unha das medidas contempladas no novo Convenio asinado o 8 de febreiro. A empresa aplica punto por punto o pactado en Madrid.

En definitiva, hai ERE e a empresa non está negociando de boa fe.

Ante este tremendo paquete, o 15 de febreiro temos convocada unha concentración diante do Parlamento Galego, coincidindo coa comparecencia no Pleno de Alberto Núñez Feijoo, para contestar a unha pregunta do BNG sobre a posición da Xunta de Galicia ante a reforma do sistema financeiro, que está na orixe dos problemas laborais que hoxe enfrontamos.

Así mesmo xa temos un calendario de mobilizacións, e o vindeiro 22 de febreiro concentraré-monos na OP da Coruña e pretendemos convocar unha asemblea nacional de traballadores e traballadoras en Santiago, para compartir a situación da negociación e as medidas a tomar.

Sem comentários: